sábado, 26 de mayo de 2012

PORK - PARKING


PORK - PARKING.

“¿Qué pode un veciño contra o Concello?” Aquela frase de Crespork brincaba no maxín de Valentín. Era unha pregunta retórica: él esperaba que a xente agochase a cabeza e respostase “nada” alá para sí, por moito que soupese que algún veciño lle estaba saíndo moi caro ó Concello ou, alomenos, iso era o que pensaba él, obrigábase a sí mesmo a pensalo, porque sabía que existía outra opción que non lle agradaba nada: o que lle saía realmente caro ó Concello e aos vecinos era o alcalde. Eso todo sabíao Valentín a conta do seu paseo polos recunchos máis íntimos da altamente inestable mente de Crespork. Inestable porque estaba sometida a unha loita feroz a tres bandas da que tentaba que saíra vencedora unha imaxe amable e serena (como a que proxectan as persoas que teñen a conciencia tranquila) que era a que lle interesaba promocionar por moito que soupese mellor que ninguén que non se correspondía coa realidade. Achegábanse máis á verdade tanto a posibilidade de que Crespork fose, sinxelamente, un inepto; ou que obrase con prepotencia e mala fe. Valentín propúxose dilucidar cal destas últimas posibilidades tiña máis peso (desconfiaba que había sitio para as dúas) e, para conseguilo púxose a cavilar darredor dun “expediente” que descubrira agochado no hemisferio esquerdo do cerebro do alcalde: PARKING EUROPA.


A secuencia, tal e como a foi reconstruíndo Valentín, fora a seguinte: Diante da escaseza de prazas de aparcamento que sofría o pobo Crespork decideu que a mellor solución sería a construcción dun aparcamento soterrado. Esa iniciativa só ofrecía vantaxes: solucionábase o problema de aparcamento; o pobo daba un paso máis na súa metamorfose vila-cidade; as empresas que competiran pola concesión seguramente serían xenerosas co alcalde (alomenos a que rematase facéndose con ela); e, finalmente, crearíase un grande espazo púbrico no centro do pobo para desfrute dos veciños: a Praza de Europa. Por desgracia algúns veciños afectados pola realización de tan ambicioso proxecto fixéronlle saber a Crespork o seu desacordo con algúns dos términos nos que se apoiaba o mesmo. Él, no canto de escoitalos e obrar en consecuencia, animounos a reclamar os seus pretendidos dereitos en sede xudicial totalmente disposto a poñer a traballar aos servicios xurídicos do Concello contra eles (terían que gastar diñeiro, mentres que a Crespork – que non aos lalinenses – lle sairía de balde) convencido de que antes ou despois renunciarían ás súas pretensións. Esa estratexia (burda e prepotente) daríalle resultado si non fose porque houbo un que non se arredou e sigueu reclamando os seus dereitos ata chegar ao TSXG que, finalmente lle dou a razón: habería que cerrar o aparcamento, derrubar parte del e reconstruílo observando a legalidade, o que suporía gastos de peche, de derrubo, obras… e unha indemnización á empresa concesionaria que, como todo o demáis, non sería sufragado polo peto de Crespork, senón polo de tódolos veciños. Seguro que foi por iso polo que, cando se coñeceu a resolución, Crespork agochou a cara e fixo que a dese o seu número dous, R.R., que se disculpou ó seu xeito, tentando eximir de toda culpa ó gobernó municipal declarando: “É que a familia (a do demandante) contratou abogados carísimos e, contra diso, o Concello non pode competir”. O CAZADOR CAZADO…

miércoles, 25 de abril de 2012

O AS NA MANGA DE CRESPORK

O AS NA MANGA DE CRESPORK.
Crespork sentíase cómodo, ata se podería decir que gozaba, vendo o ben que lle iban as cousas na campaña: ningún dos seus competidores dispoñía da cantidade de recursos económicos que él manexaba ca fin de publicitarse; ningún deles tiña, nin remotamente, a súa capacidade de convocatoria, tanto no rural como no pobo; ningún empregaba un discurso tan sinxelo como o seu, é decir, facer de menos aos rivales, como si eso o convertise a él en bó, e, por suposto, ningún deles podía arrogarse o mérito de ter construido o CONSISTORIO DO FUTURO, cousa que él sí facía sin vergoña nin medida, invitando aos vecinos a visítalo e admíralo (xa antes de entrar en campaña) porque sabía que a maioría establecería unha relación directa entre o “liderazgo forte” de Crespork e a consecución de tan magna e futurista obra para un pobo (¡que digo!, perdón, ¡UNHA CIDADE!) como Lalín. Só Crespork podería conseguir algo así… O que xamais lle confesaría Crespork aos veciños era que o proxecto gañador do concurso fora modificado de xeito indecente pola Corporación Municipal. Indecente porque se apropiaron das ideas que un veciño comparteu, a título persoal, con un dos ediles cando éste recabou a súa opinión. Aquelas ideas foron adoptadas como propias por Crespork que, automáticamente, requireu aos arquitectos Mansilla e Tuñón para que remodelasen o proxecto. Xa se encargaría él de tapar a cousa, total, ¿qué pode facer un veciño contra o Concello?
La maqueta de la propuesta inicial de los arquitectos ganadores, que luego sufrió cambios significativos.(Texto, pé de foto de La Voz de Galicia)

viernes, 9 de marzo de 2012

CAMIÑO DO LALÍN QUE TODOS QUEREMOS.


Tan pronto como se puxo co libro, Valentín douse conta de que, por pouco escrupuloso que fora, a disección daquel documento lle iba levar moito máis tempo do que imaxinara nun principio. Eso soupoo só con ollar a portada. O marrán partía da idea e a absoluta convicción de que os políticos minten (e en campaña, máis), de xeito que se dispuxo a investigar de qué xeito decidira Crespork presentar as súas particulares mentiras.
Non deixaba de ollar aquela portada... sobre un fondo branco (a cor da inocencia e da pureza) empregáranse dúas cores para presentar uns dibuxos e un slogan. O azul, do mesmiño ton que o do logo do PP que figura no fondo, empregase para os debuxos (dun estudiado trazo infantil que nos remite inconscentemente á infancia que é a idade mental na que Crespork debe manter aos veciños para podelos manexar con facilidade) e, tamén, para destacar a verba LALÍN do resto da frase do eslogan (CAMIÑO DO LALÍN QUE TODOS QUEREMOS), que vai en negro.
¿Conclusión? Crespork quería implantar subliminalmente a idea de que en Lalín o PP o é todo e o fai todo. E só así as cousas estarán bén.
Unha mentira sibilina que moitos verán como unha verdade, pensou Valentín. Pasou ao índice, repasouno de arriba a abaixo e ocurréuselle pensar qué fora o que realmente quixera decir Crespork en cada un daqueles oito apartados. O resultado foi o seguinte:
Onde di: "PENSA EN LALÍN", debía decir, sinxelamente, "PENSA EN MÍN".
Onde di: "UNHA ECONOMÍA MÁIS COMPETITIVA PARA SAIR FORTALECIDOS DA CRISE", debía decir, simplemente, "REZO PARA QUE ESTO PASE PRONTO. ¡SI SOUPERA QUÉ FACER, XURO QUE O FARÍA!
Onde di: "MÁIS BENESTAR E COHESIÓN SOCIAL" debía decir, honradamente, "MÁIS PARA NÓS E OS NOSOS, MAIS NON PARA TODOS"
Onde di: "EDUCACIÓN E CULTURA, O MELLOR INVESTIMENTO" debía decir "ESA FRASE É MOI CERTA, PERO EU, NIN PUTO CASO: SI A XENTE PENSASE POR SÍ, ¿PARA QUÉ ME PRECISARÍA A MÍN?"
Onde di: "UNHA CIDADE QUE MIRA AO FUTURO" habería que engadir "... PORQUE SI MIRA CARA AO PRESENTE, ESTE POBO CHORA"
Onde di: "PARA AVANZAR NO REEQUILIBRIO TERRITORIAL" debá decir, humildemente "A VER SI CONSEGUIMOS ABRIR ALGUNHAS PISTAS, NON CREO QUE HAXA PARA MÁIS"
Onde di: "UN CONCELLO QUE RESPONDE", debía decir "CANDO O ALCALDE ESTÁ AUSENTE RESPIRAN CONCELLEIROS E FUNCIONARIOS. CANDO ESTÁ PRESENTE RESPONDE A PURO BERRO. VAIA SI RESPONDE"
Onde di: "O MELLOR EQUIPO PARA XESTIONAR O FUTURO", debía decir "¿QUÉ EQUIPO TEÑO EU? a pregunta retórica de Crespork cando quere deixar claro quen manda, facer ver que recae nel toda responsabilidade da acción de "¿goberno?"

viernes, 27 de enero de 2012

A GRANDE CAMPAÑA DE CRESPORK


A GRANDE CAMPAÑA DE CRESPORK (II).


Valentín respirou aliviado cando constatou que Crespork non percibira que anduvera remexendo nos seus arquivos mentais. Amosábase extrañamente sereno, cousa que o sorprendeu porque sabía que libraba unha estrondosa batalla interna na que, costase o que costase, a persoa que decía ser tiña que sair victoriosa sobre a que encarnaba na realidade. Fora como si a sesión telepática amainase un tanto a efervescente (e tantas veces inconsecuente) vitalidade do alcalde ou, cecais, pensou Valentín, o único que acontecía era que esa serenidade non era real e sí ficticia: Crespork, convencido do poder e a eficacia da publicidade e da propaganda traballaba o indecible por amosarse tal e como lle aconsellaban os seus asesores: dialogante, amable, intuitivo, desperto e intelixente. “O importante non é que o sexas, é que o parezas”, lle decían, e él concordaba con total rotundidade, “esta xente sí que sabe facer as cousas” decía para sí, orgulloso.
Cando Crespork saleu pola porta, despois de encherlle a pía de penso, Valentín douse conta de que esquecera algo: un libro que trouxera consigo e que deixara enriba dunha cadeira. Despois de meterlle o dente e degustar o seu contido soupo que era unha loa permanente da persona de Crespork, dos seus “pork-logros”, das súas “pork-ideas” e das súas “pork-promesas”. Foi entón cando comprendeu que Crespork tiña medo. Si non fose así non se comprendería que un home como él, tan seguro de sí mesmo, do seu liderazgo e das altas miras da súa “xestión política” non lles anunciase aos vecinos que non precisaba gastar en propaganda electoral e, moito menos ter a indecencia de enviar a tódolos fogares do concello un libro de 150 páxinas destinado a facerlles crer que o destiño de Lalín (e o dos seus vecinos) está inseparablemente xunguido ó de Crespork.
Valentín non deixaba de sorrir, cun sorriso triste, mentras cribaba a información que contiña o libro e analizaba o xeito no que estaba exposta. Tentaba transmitir a sensación de que Lalín era algo máis que un pobo e Crespork máis que un alcalde e, enriba dese binomio e desa discutible afirmación sustentábase todo un extenso reportaxe fotográfico no que as estrelas eran as fotos aéreas de Lalín (dende distintas alturas e ángulos) co edificio do novo concello ben visible, a poder ser; e as de Crespork, só (pose pseudo-interesante+mirada aparentemente limpa e desperta= unha semana de traballo dun bó equipo de estilistas e dun fotógrafo profesional, moi profesional); ou en compañía de “xente importante” (presidente e conselleiros da Xunta preferentemente) dando a entender que os ten comendo na man.
Só ollando o título que figuraba na portada “CAMIÑO DO LALÍN QUE TODOS QUEREMOS”, Valentín soupo que o que Crespork quería implantar era un totalitarismo utópico no que a idea que todos e cada un dos vecinos tiña de Lalín e do seu destiño había de coincidir necesariamente coa súa, que para eso era o mellor alcalde que tivera nunca a (agora, seica…) cidade.
Conocendo como coñecía o esquema mental de Crespork e o seu funcionamento, as súas capacidades e limitacións, a Valentín entroulle unha apremiante curiosidade por saber de qué xeito pretendía soster e solventar tan arrogante desafío. Decideu estudiar e analizar aquel libro con detemento na busca de respostas.

jueves, 29 de diciembre de 2011

A ESTRATEXIA PARA PERPETUARSE COMO ALCALDE DE CRESPORK.




A Valentín non lle supuxo esforzo ningún debullar aquel recóndito arquivo mental. O título (ESTRATEXIA A SEGUIR PARA XUBILARME COMO ALCALDE) era suxerente dabondo. Enseguidiña se dou conta o marrán de que Crespork levaba anos traballando nel meticulosamente, aparecía ordeado e bastante pulido, que, vindo de quen viña… era máis do que Valentín esperaba atopar.

“Para xubilarme como alcalde é imprescindible facer da EXPERIENCIA o valor supremo. Tendo en conta que levo xa vinte e pico de anos á fronte do concello, ninguén poderá acreditar unha que compita coa miña. Por ahí estou cuberto.”

“Amáis da experiencia, como tamén teño a MAIORÍA, podo despreciar á oposición e facela de menos, proclamar a súa inutilidade e a de todos aqueles que depositan nela a súas esperanzas.”

“Na teoría, como teño a MAIORÍA e a EXPERIENCIA, tería tamén a responsabilidade de guiar con humildade e acerto o destiño común dos vecinos. É certo que non o fago, pero como dispoño de fondos suficientes para invertir en propaganda non teño máis que facer uso dela para convencelos do contrario. Á fin e ó cabo é o que levo facendo todos estes anos.”

“Unha das leccións máis valiosas que me ten ensinado a miña dilatada experiencia é a seguinte: Canta menos xente natural do Concello de Lalín vaia nas listas mellor. Algúns incautos preguntaríanse por qué afirmo tal cousa, pero eses non saben que non trae as mesmas consecuencias botar a un de fora, despois dunha ou dúas lexislaturas, que a un de aquí. Os de aquí teñen familias que se poden anoxar e eso tradúcese na perda dun número respetable de votos. Amáis diso teñen outra vantaxe fronte ós autóctonos: son rivais que elimino de cara a unha hipotética loita interna polo sillón. Os de fora non teñen nada que facer. ¡Como as mulleres! Nin a Paz, nin a Mª Xosé nen a Marisa se lles pasaría pola cabeza enfrontarse comigo”

“No que toca á PUBLICIDADE e á PROPAGANDA, penso que se podería resumir todo o relativo a elas dicindo, simplemente, que son IMPRESCINDIBLES. E iso por varios motivos:
En primeiro lugar, porque pouco importa que todos me coñezan e sepan que me presento á reelección. Teñen que verme, sentir a miña presencia, afacerse de tal xeito a ela que non sexan capaces de concebir o seu mundo sen min, ese mundo pequeño que teñen e que deben seguir poñendo aos meus pés. Un obxectivo ambicioso si temos en conta que vivo fora. Por eso debo apabullar regularmente á oposición e á poboación con carteis grandes e pequenos, folletos, libros e calqueira outro soporte que se amose axeitado para divulgala miña imaxe
En segundo, porque os erros non son tales si é outro quen carga cas culpas, si podes esquivalos dicindo que os subsanarás debidamente no futuro (e así ir tirando), ou si podes ocultar a súa existencia amparándote no destello que lle farás emitir a grandes promesas, aos fulgurantes e maravillosos proxectos que podes recrear con maquetas, infografías e outras técnicas publicitarias.
En terceiro porque só co concurso da publicidade podo seguir vendéndolle fume ós vecinos, un Lalín maravilloso dentro de 20 anos. Cando chegue a data Lalín estará como lle cadre, pero eu seguirei sendo o seu alcalde, que é o que importa.

Valentín decideu que xa era dabondo e cerrou a conexión mental con Crespork. Non quixo seguir indagando porque non veu a necesidade: él estivera na mente do alcalde e captara a súa esencia. Sinteu mágoa del.

miércoles, 30 de noviembre de 2011

A GRANDE CAMPAÑA DE CRESPORK (I)


Despois das primeiras escaramuzas na súa guerra incruenta contra Crespork, Valentín veuse na obriga de de redeseñar a súa estratexia e aliviar un chisco a presión, alomenos en apariencia. Chegou a esa conclusión co paso dos días, cando comprobou que Crespork evitaba pasar por Farmgueira case tanto como calqueira sinal de intelixencia e mesura no seu diario proceder, e iso non era o peor, o máis preocupante era que a reserva de penso empezou a devecer ata chegar ó punto de poñer Valentín a pensar en racionalo. Por sorte para él, o espírito práctico, materialista e interesado de Crespork (profundamente instruído en todo o relativo ó porco) alertouno de que non podía adiar máis a alimentación do marrán se non quería que lle morrese de fame. Él sabía perfectamente o que tiña que facer... Esa foi unha intuición acertada da que, no seu ser íntimo se sinteu orgulloso. Non precisaba da axuda de ninguén para tratar ca única especie de mamífero ca que era quen de comunicarse con naturalidade. De igoal a igoal..
Valentín nunca pensou que podería alegrarse tanto de recibir a visita de Crespork. Decideu facerlle ver que o único que lle interesaba era o penso e, tan pronto como llo zampou na pía, alá se foi correndo a enterrar o fuciño nel. Crespork sorriu, satisfeito, pensando que cecais as incomodas sensacións que experimentara na compañía do marrán non fosen outra cousa que un esvaído pesadelo, cousa do pasado, froito dos nervios. Pouco imaxinaba o alcalde que aquel animal non tardaría nin uns minutos en conectar de novo con él e, dun xeito que lle pasaría desapercibido, lene e docemente, o iba inducir a un estado de soño profundo que aproveitaría para entrar na súa mente e coñecer a placer os seus pensamentos e as súas preocupacións. Como quen abre arquivos nun ordenador.
Así foi como Valentín constatou que a mente de Crespork andaba, últimamente, adicada case en excrusiva á preparación da campaña das eleccións municipais e descubreu (porque soupo buscar) que, por cada arquivo que aparecía á vista había seu "arquivo oculto"...

"PENSAR EN LALÍN ,É PENSAR NO MOITO QUE O PP, PERO TAMÉN NAS NOVAS IDEAS PARA O FUTURO."
"QUEREMOS CENTRARNOS NA RECUPERACIÓN DO EMPREGO E NO BENESTAR DAS PERSOAS."
"... PARA QUE LALÍN SIGA A CONTAR CUN LIDERAZGO FORTE E PROVEITOSO PARA TODOS."
"NO PARTIDO POPULAR DE LALÍN ESTAMOS A ANTICIPARNOS Ó FUTURO MEDIANTE A DEFINICIÓN DUN ESQUEMA TERRITORIAL AO SERVICIO DA COMPETITIVIDADE."
"O TURISMO, UN NOVO PIAR NA ECONOMÍA LOCAL."

Valentín veu que aquelas eran algunhas das frases que Crespork empregaría mentres durase a campaña. Aparentemente non estaban mal, algunhas expresións eran máis afortunadas que outras ("...ESTAMOS A ANTICIPARNOS AO FUTURO", foi unha das que máis gracia lle fixo) pero todas tiñan en común unha cousa: transmitían a idea de que Crespork era insustituíble, intocable, irremprazable... en resumo, que algo catastrófico lle acontecería a ese Lalín que tanto lle debe ao PP ( ¿e non será ao revés?) si, por un casual, Crespork collese a gripe.

"EN 1999 O GOBERNO DO PARTIDO POPULAR ENCABEZADO POR JOSÉ CRESPO SENTOU AS BASES DO LALÍN DO FUTURO."
"UN MANDATO QUE PASARÁ Á HISTORIA."
"AS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS DEBEN ESTAR AO SERVIZO DOS CIDADÁNS, NON Á INVERSA."
"POR ISO É MOI IMPORTANTE CONTAR CUN EQUIPO SOLVENTE E CON EXPERIENCIA, COMO O QUE REPRESENTA O PARTIDO POPULAR DE LALÍN, E CUN LIDERAZGO FORTE COMO O QUE ENCARNA JOSÉ CRESPO."
"SEMPRE DENDE LALÍN, CRESPO ENCARA AGORA UNHA NOVA ETAPA COA META DE CAMIÑAR DÍA A DÍA CARA Ó HORIZONTE SOÑADO DO LALÍN 25."

Lalín 25, unha nova meta, unha nova marca. Valentín sabía que ó remate da lexislatura Crespork levaría, precisamente, 25 anos como alcalde...¡e quería ir "arreglando" 10 máis!. Preguntouse si Crespork estaría soñando desperto ou si tiña a convicción de que os veciños de Lalín xamais despertarían, nunca conseguirían tirar de diante dos ollos a venda que con tanto agarimo e cautela lles colocaba periódicamente, intervindo onde conviña...
Remexendo e remexendo nos arquivos mentais de Crespork, pegado ó do "Lalín 25" encontrou o arquivo oculto: "ESTRATEXIA A SEGUIR PARA XUBILARME COMO ALCALDE DE LALÍN" . Por José Crespo. Tope secreto.

domingo, 16 de octubre de 2011

VALENTÍN E CRESPORK: O ESCUDO 500ixd DE CRESPORK



Crespork tomou medidas para evitar que unha escena tan pavorosa como a que acababa de vivir se repetise. En primeiro lugar, tuvo ben claro que non debía frecuentar a compañía do marrán; e, en segundo, ordenoulle ó xefe da agrupación de Protección Civil que fose cunha cuadrilla e unha moto bomba, quitasen e queimasen os libros que quedaban, limpasen a planta baixa da mansión de Farmgueira a forza de mangueira e deixasen, unha vez rematada a súa misión, a Valentín encerrado dentro.
Despois de dar algunhas ordes Crespork sinteuse mellor, como tranquilizado, pero foi unha sensación pasaxeira porque había unha idea que o aguilloaba incesantemente: aquel porco líalle o pensamento. ¡Arrepiante!
Tiña que facer algo, pero ¿qué?. ¿Poñer un casco?, ¿uns lentes de sol?, ¿vendarlle os ollos a Valentín?, ¿ou chegaría con poñerlle un parche?...O cerebro de Crespork veuse sometido a un nivel de esixencia tal, que rematou por funcionar ás revolucións que lle foran requeridas nos tempos heroicos: 500 ideas diarias (ideas x día= ixd)
- ¡Eso é o que teño que facer! - berrou Crespork, alborozado. - ¡Pensar tan rápido que non teña maneira de seguirme! ¡Vai saber ese porco quen son eu! - soltou a frase sen pensar, para infundirse valor, por eso se asustou cando sinteu que un estremecimento lle percorría o espiñazo e percibeu, de xeito plenamente lúcido e conscente, que non as tiña todas consigo, que o que tiña era medo...- ¡Boh, medo non!. ¡Respeto, en todo caso! - murmurou mentras barallaba nomes cos que bautizar a súa estratexia. Todo queda máis profesional e interesante si lle das un nome axeitado...
- ¡O escudo 500 ixd! -dixo, cando dou con él. - ¡Vou probar si funciona agora mesmo!. ¡Chofer! ¿Onde andas metido? ¿Non che teño dito que me esperes no coche ou, en todo caso, preto del? ¿Pensas que teño todo o día? Tira para Farmgueira. ¡Non mereces o soldo que cobras! - "falou o propio", pensou alguén...
Atopar a motobomba diante da cancela da mansión e ver unhas volutas de fume escuro saíndo da parte traseira da finca pareceulle un bon presaxio
- Espera aquí - ordenoulle ó chofer antes de apearse. Baixou e non saludou a ninguén. Ninguén o saludou a él. O forno non estaba para bolos. Na entrada fixouse en que a mangueira subía trazando unha liña recta, a pico pola pendente da finca, e torceu o xesto. Él tería que ir subindo darredor, salvando rampas e escaleiras. "¿Por qué faría a casa un altilorio como éste?" preguntouse Crespork a metade da ascensión, como si a ninguén se lle poidera ocurrir (e moito menos a él) unha resposta convincente do tipo: "Foi por chegar máis alto que Cuíña nalgo"
Chegou á entrada resoprando, co destelo dunhas gotas de suor relocíndolle na calva. Tampouco esta vez contaba Crespork atopar o espectáculo que compemplaban os seus ollos. Todo estaba limpo e ordenado, os danos causados por Valentín no mobiliario foron o único que non se pudo arranxar con un pouco de auga e uns cepillos. Do resto encargáranse os homes da cuadrilla cunha eficacia directamente proporcional á presión coa que saía a auga na punta da mangueira. O que non entendeu Crespork era por qué estaban todos sentados darredor de Valentín e, cousa que lle extrañou ata o punto de chegar a preocupalo, por qué non se ergueron inmediatamente e se puxeron a facer algo en canto albiscaron a súa presencia.
- ¿Qué facedes? - a pregunta era retórica, só a formulou para que oísen a súa voz e poder ter así a seguridade de que sabían que estaba alí. Non houbo reacción algunha, tan só (e non era seguro) algunhas furtivas miradas nas que lle pareceu descubrir un fondo de reproche, desprecio cecais.
- Estamos escoitando a Valentín - dixo un dos homes. Aquelo era máis do que Crespork podía aturar...
- ¡Pois xa estades liscando! - os homes erguéronse en silencio e en silencio se encamiñaron cara a porta. Ben se vía que os contrariaba ter que cumplir aquela orde porque se despediron de Valentín asegurándolle que o facían en contra da súa vontade (Crespork estuvo a piques de estoupar de ira) e, por contra, cando pasaron a carón do alcalde emitiron cadanseu xordo ronquido, un "gronf" case imperceptible que, a forza de repeticións tomou un corpo único. Aquelo non pasaría de ser unha chanza si non fose polo cambio que Crespork advirteu na mirada dos seus subordinados: onde antes vía sumisión e complacencia encontrou agora dureza e orgullo. "¿Qué sería o que Valentín lles contou?", preguntouse.
- Non esperaba verte tan axiña - polo ton que adoptou a frase na mente de Crespork éste pudo deducir que Valentín se estaba divertindo. Decideu poñer en marcha o escudo.escomenzou a pensar...
- "Os arquitectos do Xapón; un Harrier nunha rotonda; o desfase do castro tecnolóxico; a séptima cidade; ¿qué é o Lalinlab?; non o sabe ninguén (eu tampouco, e eso sí que non o pode saber ninguén);o confín dos verdes castros; unha hectárea de cebolas=dez vacas leiteiras; o cocido en Berlín "introducing by Antón Lamazares"; o cocido en Pekín, ¿por qué non?; un chino-un xamón (e unha restra de chourizos); Lalín destino turístico internacional de pensionistas enviados en autobús polas diputacións do PP; a matanza de Valentín en You Tube...."
- Ja, ja, ja... Aconselloche que pares - Valentín escachaba coa risa - ¡Un Harrier nunha rotonda! ¿Eso é todo o que se che ocurre? ¿Darme máis material, incrementar o meu coñecemento no tocante á natureza das túas rutilantes ideas?
- "Lalín e Escaldes Engordany, a nosa estación de ski; o mellor perdo o soldo da diputación; cambiarlle o aceite ás motos, cando vou a Lalinde falo o francés, e enténdenme..."
- A traxedia e que no canto de tanta trangallada e tanta propaganda poderíanse ter levado adiante verdadeiras ideas, aínda que non fosen túas. Ideas baseadas no coñecemento e na humildade. Esas son as que interesan. Da desmedida ambición e do amor polo poder e o diñeiro será mellor non falar, ¿non che parece?
Crespork non abreu a boca. Gañou a porta á carreira, pechouna tras de sí, e fuxeu pola finca abaixo a refuxiarse no coche oficial.
- Lévame a Santiago. Á casa - ordenoulle ó chofer.